jueves, 26 de junio de 2008

Nove, para Jerry: "O home que ri"

"Laughing Man", Gregory Wade


Prometimos fai días unha entrada dedicada ao conto de Salinger "El hombre que ríe", e aquí a temos xa.
Partimos do suposto de que tedes visto o conto, polo que hoxe non toca lelo, senón relelo, ou se queres, enredar... Ou desenredar, se cadra.
Para iso temos que presentar ao noso invitado de hoxe, o escritor arxentino Ricardo Piglia:

Vale. ¿E que facemos con el agora? Mmmmh... Talvez a pregunta deba ser máis ben que fará el... coa nosa lectura de "El hombre que ríe". Vexamos alguns fragmentos do seu famoso escrito "Tesis sobre el cuento":

"(...) Un cuento siempre cuenta dos historias. (...) Cada una de las dos historias se cuenta de modo distinto. (...) El cuento es un relato que encierra un relato secreto. No se trata de un sentido oculto que depende de la interpretación: el enigma no es otra cosa que una historia que se cuenta de un modo enigmático. La estrategia del relato está puesta al servicio de esa narración cifrada. ¿Cómo contar una historia mientras se está contando otra? Esa pregunta sintetiza los problemas técnicos del cuento. (...) La historia secreta es la clave de la forma del cuento y de sus variantes. (...) La versión moderna del cuento que viene de Chéjov, Katherine Mansfield, Sherwood Anderson, y del Joyce de `Dublineses´, abandona el final sorpresivo y la esructura cerrada; trabaja la tensión entre las dos historias sin resolverla nunca. La historia secreta se cuenta de un modo cada vez más elusivo. El cuento clásico a lo Poe contaba una historia anunciando que había otra; el cuento moderno cuenta dos historias como si fueran una sola. (...) Teoría del iceberg de Hemingway (...): lo más importante nunca se cuenta. La historia secreta se construye con lo no dicho, con el sobreentendido y la alusión. (...) El cuento se construye para hacer aparecer artificialmente algo que estaba oculto. Reproduce la busca siempre renovada de una experiencia única que nos permita ver, bajo la superficie opaca de la vida, una verdad secreta. `La visión instantánea que nos hace descubrir lo desconocido, no en una lejana "terra incógnita", sino en el corazón mismo de lo inmediato´, decía Rimbaud.
"Esa iluminación profana se ha convertido en la forma del cuento." (R.Piglia, en "Formas breves", Anagrama, 2000, páxinas 105-111).
Segundo isto, podemos talvez recoñecer a historia I e a historia II no conto de Salinger, e incluso a relación entre ambas. É dicir, podemos botar man das teses de Piglia para mellor comprender o relato de Salinger, ou para elaborar unha hipótese que nos permita intentalo.
Tempo agora para engadir os vosos comentarios, hipóteses ou críticas -a Piglia, a Salinger...-. Talvez sexa posible crear un certo diálogo en torno ao conto de Salinger e as ideas de R. Piglia.
Se o vedes cun certo interese, claro...

martes, 10 de junio de 2008

"Nunca lle contedes nada a ninguén..."


Seguindo a nosa teima de que unha obra leva a outra, propoñemos nesta entrada unha serie de libros, películas ou cómics que, en sentido moi amplo, garda relación coa novela "O vixía no centeo". Algunhas son tamén obras de Salinger; outras, non, e entre éstas, algunhas falan do paso da adolescncia ao estado adulto, outras do paso da nenez á adolescencia, etc. Se cres que esta lista pode ser completada dalgún xeito, non deixes de escribir as túas suxestións -e/ou impresións, claro é- na sección de "comentarios", que para iso está...-


OUTRAS OBRAS DE J. D. SALINGER:
- "Nove contos", Sotelo Blanco.
- "Nueve cuentos", Alianza editorial. (Tamén en Edhasa).
- "Franny y Zooey", Aianza editorial.




SOBRE SALINGER:

- Margaret Salinger, "El guardián de los sueños", Debate, 2002. (Libro de memorias da filla de Salinger, con interesante e minuciosa información sobre éste que verdadeiramente axuda a mellor comprender as súas obras en xeral, e "O vixía..." en particular. Inclúe fotos).
- Joyce Maynard, "Mi verdad", Circe, 2000. (Libro de memorias centradas fundamentalmente na relación da autora con Salinger. Non logra desde logo chegar ao nivel do libro de Margaret Salinger, nin en interese, nin en calidade. Non obstante ten as súas páxinas, que hai que buscar...).
- Susana Tomás, "Un recorrido por Salinger", na revista "CLIJ", nº 89, 1996. (Podes dar con ela nas bibliotecas muncipais da Coruña).


OUTRAS OBRAS DE OUTROS AUTORES:

- A. Chéjov, "La estepa", en "La estepa. En el barranco", páxinas 11-160; Alba Editorial, 2001.
- Tobias Wolff, "Vida de este chico", Alfaguara.
- Ana Merino, "Juego de niños", Colección Visor de Poesía, 2003. (Pequeno libro de poemas).


PELÍCULAS (ollo: non baseadas en obras de Salinger):

- Director: George Lucas, "American graffitti", 1973. DVD.
- Director: William Wyler, "El coleccionista" (baseada na novela homónima de J. Fowles. Véase neste blog dous entradas máis abaixo). DVD.
- Director: Mike Mills, "Thumbsucker", 2005. ¿DVD?


CÓMICS:

- Chester Brown, "Nunca me has gustado", Astiberri. (Podes atopalo na biblioteca do noso instituto. Información sobre el, no blog da biblioteca).
- A. Tomine, "Alter ego", en "Rubia de verano", album editado por La Cúpula. (Podes atopalo na biblioteca do instituto, e ler información sobre el no blog da biblioteca).
- A. Tomine, "Dylan & Donovan", en "Sonámbulo y otras historias", Ediciones La Cúpula. (Pese ao título, a historia non é dos famosos intérpretes).
- D. Clowes, "Ghost World. Mundo fantasmal", Ed. La Cúpula. (Na biblioteca. Información no blog da mesma. Hai versión cinematográfica, con esenciais cambios).



martes, 27 de mayo de 2008

Once, para Jane


A abundancia de diálogos que fai posible o ritmo e axilidade desta obra é un dos seus atractivos. Pero dos case trinta capítulos hai tres nos que o diálogo está ausente: o último, dunha soa folla; o XVIII, que inclúe sen embargo unha frase entrecomiñada dita por un personaxe (páx. 148); e o que nos ocupa, o undécimo, sen gota de diálogo por parte algunha.
Non é un capítulo dedicado a Jane Gallagher. É "o capítulo" dedicado a ela, da que tantas veces fala, pero case sempre brevemente, de pasada. Aquí Holden parece tomar asento. Jane é, xunto a súa irmá Phoebe, a rapaza mellor parada no libro. É a única persoa allea á súa famlia á que lle fala de Allie, e ela é receptiva. Xogan a miúdo ás damas, e recorda o costume que ten ela de deixalas sempre atrás, actitude máis ben propia dunha nena. Jane e Holden non chegan a ter contacto físico máis alá de collerse a man. Pero conta como a presenza do padrasto dela fai, pese a aparente impasibilidade da moza, que ésta chore... sobre o taboleiro. Xusto sobre o taboleiro. Un padrasto de dubidosa honestidade e moi dado a andar pola casa nu (cap. IV). Dinos Holden que ésa foi a única vez que estiveran a piques de chegar a algo máis que collerse a man. El, que non daba conseguido atopar á rapaza adecuada coa que sentirse realmente ben -ou iso repite varias veces, polo menos-.
¿Non é certo que chama a atención a concentración de tantos tópicos desta novela nun só capítulo?: Allie, xogos propios de nenos, a ameaza do adulto de escuros desexos, chorar sobre o taboleiro de xogo... Todo iso no capítulo carente de diálogo por antonomasia -o XXVI só é unha páxina, e o XVIII leva alomenos unha intervención- nunha obra na que éste tanto resalta. O propio autor parece, pois, destacalo e marcalo.
Ou talvez non sexa así...
Tempo de "comentarios", se che parece...

martes, 13 de mayo de 2008

O coleccionista, o síndrome de Estocolmo, Frank T e os pijos



No ano 1963, o escritor británico John Fowles publica a novela "O coleccionista" -hai versión cinematográfica, e moi premiada, do director W. Wyler, protagonizada por Terence Stamp e Samantha Eggar, e coa colaboración do propio Fowles no guión-. Tanto a novela como o film contan a historia de Frederick e Miranda: o primeiro secuestra á segunda, que será ademais víctima do síndrome de Estocolmo. Nun momento determinado M. propónlle a F. que lea libros que non sexan os simples pasatempos cos que el trata de evadirse. F. acepta, e colle a novela que M. lle ofrece, que non é outra que "O vixía no centeo". Algo despois M. escribirá no seu diario a escea de cando el trae de volta a obra de Salinger. A admiración de Fowles por esa novela vese con claridade nas palabras de M., pero F. -"C" no diario de M.- ten algo máis que dicir:

"(...) Me devolvió `El guardián entre el centeno´ diciendo: Ya lo he leído. Enseguida supe por su tono que lo que quería decir era: `y no me parece gran cosa´.
Estoy despejada. Escribiré un diálogo:
M. ¿Y bien?
C. No le veo la gracia.
M. ¿Te das cuenta de que es uno de los estudios de la adolescencia más brillantes que se han escrito jamás?
C. A mí me parece muy confuso.
M. Por supuesto que está confuso. Pero se da cuenta de su confusión, intenta expresar lo que siente, es un ser humano a pesar de sus defectos. ¿Nunca te da pena de él?
C. No me gusta cómo habla.
M. A mí tampoco me gusta cómo hablas tú. Pero no te trato como si no estuvieras a la altura de merecer compasión o de que se te preste atención seriamente.
C. Supongo que es muy inteligente. Escribir así y demás.
M. Te dije que leyeras el libro porque pensé que te identificarías con él. Tú eres un Holden Caulfield. No está integrado en ninguna parte y tú tampoco.
C. No me extraña, de la manera que se comporta. No hace nada por integrarse.
M. Intenta que su vida adquiera no sé bien qué tipo de realidad y de dignidad.
C. No es realista. Yendo a un colegio elegante y teniendo padres con dinero. No se comportaría así. En mi opinión.
M. Ya sé quién eres tú. Eres el Viejo del mar.
C. ¿Quién es ése?
M. El viejo horrible que Simbad tenía que llevar a la espalda. Eso es lo que tú eres. Te subes a la espalda de todo lo vital, todo lo que intenta ser honesto y libre hasta agotarlo."
(J. Fowles, "El coleccionista", Cátedra, 1999; páxinas 299 e 300. Edición, introducción e traducción de Susana Ortega).

En fin, a verdade é que as palabras de Frederick -ou sexa, C.- recordan algo a aquelas declaracións do cantante de rap español Frank T cando dicía que os pseudoproblemas de Holden Caulfield son propios dun neno "pijo", que era unha maneira de dicir que non eran auténticos problemas. Disto xa falamos nunha das reunións do noso club, e non estabamos todos de acordo sobre iso. Talvez agora poidamos retomar aquela conversación, enriquecida polo fragmento da novela de Fowles...
Tamén é certo que Miranda non se queda calada, e a súa visión non carece de interese, e que o ela di foi dalgunha maneira xa tratado nunha ou varias das nosas reunións, incluída a da polémica creada por Frank T.
Rematamos esta entrada cunha nota a pé de páxina que Susana Ortega escribe na súa introducción á novela de Fowles na edición citada:

"El protagonista de `The Catcher in the Rye´ (1951) , de J. D. Salinger. La novela narra la historia de un adolescente, Holden Caulfield, quien, tras escaparse de un internado en Pensilvania, logra llegar a Nueva York y mantener su inocencia a pesar de las pruebas a que es sometido, aferrándose a recuerdos famliares, y sobre todo, al afecto que siente por su hermana Phoebe."

Breve síntese ésta coa que talvez non esteas de acordo. Ou si. Ou a medias... Ti dirás...

miércoles, 7 de mayo de 2008

A fin de semana perdida



Cine, falsedade, sexo, Allie, patos en inverno, nenos, baile, Central Park, grupos excluíntes, incerto futuro, morte de Allie, museo sen cambios, bebida, zoo, gorra, Phoebe, D. B. en Hollywood, Jane e as súas damas, fumar, cabaliños, o coche de Stradlater, literatura, mentiras, D. B. antes de irse, patos, nenos, teléfonos... e taxis.

lunes, 28 de abril de 2008

Ava Gardner in the rye...


Na película "Mogambo" (dirixida por John Ford, 1953: é dicir, un pouco posterior á edición do libro de Salinger, mais non demasiado), no minuto cincuenta Ava Gardner canta unha canción alí presentada como tradicional escocesa, titulada "Coming through the rye". Primeiro canta ela soa, e despois formando un trío con dous amigos. Soamente o penúltimo verso é diferente cando cantan Ava soa antes e o trío despois. Ésta é a letra completa dunha cancionciña que dura aproximadamente un mnuto: "When a body meets a body/ Coming through the rye/ If a body kisses a body/ Need a body cry?// Every lazzie has a laddie/ Non they say have I?/ But all at last they smile at her/ When coming through the rye// (A partires de aquí é xa o trío) When a body meets a body/ Coming through the rye/ If a body kisses a body/ Need a body cry?// Every lazzie has a laddie/ Non they say have I?/ But all the boys at last smile at her/ When coming through the rye."
Desde logo agora si é unha canción, e non un poema... Pero a letra segue a ser bastante parecida e de tema amoroso ou erótico (o verbo "catch" non aparece, e si a expresión "meets").
En calquera caso , o que si é certo é que cando vimos e escoitamos esta escea da película nunha reunión deste club de lectura, alguén comentou que a melodía parecía a típica cancionciña infantil tradicional, observación coa que todos coincidimos e que enreda máis se cabe a confusión de Holden entre "catch" e "meet", a moza e os nenos...
(Gracias a S. e A. pola súa axuda á hora de transcribir a letra da canción. Levou tempo...).

domingo, 27 de abril de 2008

Sobre o título de "The catcher in the rye"


¿Detrás deste intraducible título -véanse as diferencias dos títulos en galego, castelán e catalán, supoñendo que o catalán sexa un título e non unha broma- hai unha canción ou un poema? Boa pregunta. Ímos por partes...
Xa no capítulo 16, ao comezo, Holden fala dun neno que pola rúa vai cantando: "Achegueime, para oí-lo que cantaba, e era aquilo de : `Se un corpo pilla outro corpo no medio do centeo´". Na traducción castelá onde en galego di "pilla", di "coge", sendo o resto practicamente igual. O orixinal di en inglés `If a body catch a body coming through the rye´. ¿Realmente débese traducir "body" por "corpo"? Demasiado literal, talvez.
Pero hai que chegar ao capítulo 22 para entrar máis ao fondo. A súa pequena irmá Phoebe acusa a Holden de que realmente non lle gusta nada. Éste dubida, e finalmente bota man desa canción (páxinas 184-185), pero Phoebe corríxeo dobremente: a letra non diría "catch/pilla/coge", senón "meet/atopa/encuentra", segundo ela, e ademais sería un poema de Robert Burns (Escocia, 1759-1796), di a nena de...¡dez anos! Inmediatamente Holden recoñece o erro da letra, afirmando polo demais que xa sabía que era un poema de Burns. O poema de Burns titúlase "Coming though the rye", e di así: "Coming thro´ the rye, poor body,/ coming thro´ the rye,/ She draiglet a´ her petticoatie,/ Coming thro´ the rye.// O Jenny´s a´ wat, poor body;/ Jenny´s seldom dry; / She draiglet a´ her petticoatie/Coming thro´ the rye.// Gin a body meet a body/ Coming thro´ the rye/ Gin a body kiss a body-/ Need a body cry?// Gin a body meet a body/ Coming thro´ the rye/ Gin a body kiss a body-/ Need the world ken?"
Polo que parece, Holden cambia o "meet/atopa/encuentra" dun poema (¿ou canción?) que fala dunha moza, dun encontro desta cun mozo, cabe supoñer, e dun bico entre eles, por un "catch/pilla/coge", por influenza probablemente do neno que así cantaba pola rúa no capítulo 16, recordemos, onde xa non hai moza algunha, nin escea erótica, senón algo ben distinto: moitos nenos xogando, nun gran campo de centeo, sen adulto ningún cerca -agás Holden, claro-, e o perigo dunha barranqueira -"precipicio", na traducción ao castelán de Carmen Criado; "crazy cliff", no orixinal de Salinger-. Holden veríase a si mesmo como o "catcher/vixía/guardián" "in/no/en el" centeo para "coller a calquera neno que poida caer poe alí abaixo (...) se (...) non miran por onde van".
A pregunta é: ¿Todos estes cambios son producto da casualidade, ou máis ben hai unha intención no autor? Desde logo, se o autor eleva a título da novela ese fragmento do poema (¿ou canción?) incorporando o erro do neno da rúa e dun Holden xa avisado dese erro pola súa irmá, cabe supoñer máis ben o segundo. E sendo así sería interesante comprobar se hai na novela outros detalles, esceas, etc., nos que haxa outras cousas parecidas ou semellantes que boten algo máis de luz sobre todo isto en particular, e, polo tanto, sobre a obra en xeral...
Pero isto non é todo. Resulta que a actriz norteamericana Ava Gardner ten algo máis que contar... Ou mellor dito, "cantar". Pero iso é outra historia... É dicir, outra entrada. (To be continued).

(Nota: Hai máis dunha versión do poema de Burns).