lunes, 31 de marzo de 2008

O vixía no centeo


Se a obra anteriormente vista ("El Señor de las Moscas") trataba sobre un grupo de menores que actuaban como adultos -de comportamento non moi recomendable, é certo-, agora temos un adolescente de dezaseis anos -Holden Caulfield- ao que pouco lle falta para ser adulto, se ben con non moitas ganas de chegar a selo: a canción que da título a obra, a obsesión do protagonista polos patos de Central Park, a escea do tiovivo, a súa actitude ante os graffitti obscenos que poden ser vistos por nenos, etc., parecen indicarnos iso. Pero esta novela é demasiado rica e ambigua como para poder interpretala unidireccionalmente co risco de reducila indebidamente: sempre escaparía como a auga entre os dedos. En calquera caso, e como xa fixemos coa obra de Golding, esa interpretación pretenderémola facer a partires da lectura das integrantes deste club, e non a partir de información complementaria que, de todas maneiras, sempre podería chegar despois . Ou non. No diálogo creado entre todos facilmente irán aparecendo cuestións éticas, psicolóxicas e incluso antropolóxicas...

No hay comentarios: