jueves, 26 de junio de 2008

Nove, para Jerry: "O home que ri"

"Laughing Man", Gregory Wade


Prometimos fai días unha entrada dedicada ao conto de Salinger "El hombre que ríe", e aquí a temos xa.
Partimos do suposto de que tedes visto o conto, polo que hoxe non toca lelo, senón relelo, ou se queres, enredar... Ou desenredar, se cadra.
Para iso temos que presentar ao noso invitado de hoxe, o escritor arxentino Ricardo Piglia:

Vale. ¿E que facemos con el agora? Mmmmh... Talvez a pregunta deba ser máis ben que fará el... coa nosa lectura de "El hombre que ríe". Vexamos alguns fragmentos do seu famoso escrito "Tesis sobre el cuento":

"(...) Un cuento siempre cuenta dos historias. (...) Cada una de las dos historias se cuenta de modo distinto. (...) El cuento es un relato que encierra un relato secreto. No se trata de un sentido oculto que depende de la interpretación: el enigma no es otra cosa que una historia que se cuenta de un modo enigmático. La estrategia del relato está puesta al servicio de esa narración cifrada. ¿Cómo contar una historia mientras se está contando otra? Esa pregunta sintetiza los problemas técnicos del cuento. (...) La historia secreta es la clave de la forma del cuento y de sus variantes. (...) La versión moderna del cuento que viene de Chéjov, Katherine Mansfield, Sherwood Anderson, y del Joyce de `Dublineses´, abandona el final sorpresivo y la esructura cerrada; trabaja la tensión entre las dos historias sin resolverla nunca. La historia secreta se cuenta de un modo cada vez más elusivo. El cuento clásico a lo Poe contaba una historia anunciando que había otra; el cuento moderno cuenta dos historias como si fueran una sola. (...) Teoría del iceberg de Hemingway (...): lo más importante nunca se cuenta. La historia secreta se construye con lo no dicho, con el sobreentendido y la alusión. (...) El cuento se construye para hacer aparecer artificialmente algo que estaba oculto. Reproduce la busca siempre renovada de una experiencia única que nos permita ver, bajo la superficie opaca de la vida, una verdad secreta. `La visión instantánea que nos hace descubrir lo desconocido, no en una lejana "terra incógnita", sino en el corazón mismo de lo inmediato´, decía Rimbaud.
"Esa iluminación profana se ha convertido en la forma del cuento." (R.Piglia, en "Formas breves", Anagrama, 2000, páxinas 105-111).
Segundo isto, podemos talvez recoñecer a historia I e a historia II no conto de Salinger, e incluso a relación entre ambas. É dicir, podemos botar man das teses de Piglia para mellor comprender o relato de Salinger, ou para elaborar unha hipótese que nos permita intentalo.
Tempo agora para engadir os vosos comentarios, hipóteses ou críticas -a Piglia, a Salinger...-. Talvez sexa posible crear un certo diálogo en torno ao conto de Salinger e as ideas de R. Piglia.
Se o vedes cun certo interese, claro...

martes, 10 de junio de 2008

"Nunca lle contedes nada a ninguén..."


Seguindo a nosa teima de que unha obra leva a outra, propoñemos nesta entrada unha serie de libros, películas ou cómics que, en sentido moi amplo, garda relación coa novela "O vixía no centeo". Algunhas son tamén obras de Salinger; outras, non, e entre éstas, algunhas falan do paso da adolescncia ao estado adulto, outras do paso da nenez á adolescencia, etc. Se cres que esta lista pode ser completada dalgún xeito, non deixes de escribir as túas suxestións -e/ou impresións, claro é- na sección de "comentarios", que para iso está...-


OUTRAS OBRAS DE J. D. SALINGER:
- "Nove contos", Sotelo Blanco.
- "Nueve cuentos", Alianza editorial. (Tamén en Edhasa).
- "Franny y Zooey", Aianza editorial.




SOBRE SALINGER:

- Margaret Salinger, "El guardián de los sueños", Debate, 2002. (Libro de memorias da filla de Salinger, con interesante e minuciosa información sobre éste que verdadeiramente axuda a mellor comprender as súas obras en xeral, e "O vixía..." en particular. Inclúe fotos).
- Joyce Maynard, "Mi verdad", Circe, 2000. (Libro de memorias centradas fundamentalmente na relación da autora con Salinger. Non logra desde logo chegar ao nivel do libro de Margaret Salinger, nin en interese, nin en calidade. Non obstante ten as súas páxinas, que hai que buscar...).
- Susana Tomás, "Un recorrido por Salinger", na revista "CLIJ", nº 89, 1996. (Podes dar con ela nas bibliotecas muncipais da Coruña).


OUTRAS OBRAS DE OUTROS AUTORES:

- A. Chéjov, "La estepa", en "La estepa. En el barranco", páxinas 11-160; Alba Editorial, 2001.
- Tobias Wolff, "Vida de este chico", Alfaguara.
- Ana Merino, "Juego de niños", Colección Visor de Poesía, 2003. (Pequeno libro de poemas).


PELÍCULAS (ollo: non baseadas en obras de Salinger):

- Director: George Lucas, "American graffitti", 1973. DVD.
- Director: William Wyler, "El coleccionista" (baseada na novela homónima de J. Fowles. Véase neste blog dous entradas máis abaixo). DVD.
- Director: Mike Mills, "Thumbsucker", 2005. ¿DVD?


CÓMICS:

- Chester Brown, "Nunca me has gustado", Astiberri. (Podes atopalo na biblioteca do noso instituto. Información sobre el, no blog da biblioteca).
- A. Tomine, "Alter ego", en "Rubia de verano", album editado por La Cúpula. (Podes atopalo na biblioteca do instituto, e ler información sobre el no blog da biblioteca).
- A. Tomine, "Dylan & Donovan", en "Sonámbulo y otras historias", Ediciones La Cúpula. (Pese ao título, a historia non é dos famosos intérpretes).
- D. Clowes, "Ghost World. Mundo fantasmal", Ed. La Cúpula. (Na biblioteca. Información no blog da mesma. Hai versión cinematográfica, con esenciais cambios).