
Seguindo a nosa teima de que unha obra leva a outra, propoñemos nesta entrada unha serie de libros, películas ou cómics que, en sentido moi amplo, garda relación coa novela "O vixía no centeo". Algunhas son tamén obras de Salinger; outras, non, e entre éstas, algunhas falan do paso da adolescncia ao estado adulto, outras do paso da nenez á adolescencia, etc. Se cres que esta lista pode ser completada dalgún xeito, non deixes de escribir as túas suxestións -e/ou impresións, claro é- na sección de "comentarios", que para iso está...-
- "Nove contos", Sotelo Blanco.
- "Nueve cuentos", Alianza editorial. (Tamén en Edhasa).
- "Franny y Zooey", Aianza editorial.
SOBRE SALINGER:

- Joyce Maynard, "Mi verdad", Circe, 2000. (Libro de memorias centradas fundamentalmente na relación da autora con Salinger. Non logra desde logo chegar ao nivel do libro de Margaret Salinger, nin en interese, nin en calidade. Non obstante ten as súas páxinas, que hai que buscar...).
- Susana Tomás, "Un recorrido por Salinger", na revista "CLIJ", nº 89, 1996. (Podes dar con ela nas bibliotecas muncipais da Coruña).
OUTRAS OBRAS DE OUTROS AUTORES:
- A. Chéjov, "La estepa", en "La estepa. En el barranco", páxinas 11-160; Alba Editorial, 2001.
- Tobias Wolff, "Vida de este chico", Alfaguara.
- Ana Merino, "Juego de niños", Colección Visor de Poesía, 2003. (Pequeno libro de poemas).
PELÍCULAS (ollo: non baseadas en obras de Salinger):
- Director: George Lucas, "American graffitti", 1973. DVD.
- Director: William Wyler, "El coleccionista" (baseada na novela homónima de J. Fowles. Véase neste blog dous entradas máis abaixo). DVD.
- Director: Mike Mills, "Thumbsucker", 2005. ¿DVD?
CÓMICS:
- Chester Brown, "Nunca me has gustado", Astiberri. (Podes atopalo na biblioteca do noso instituto. Información sobre el, no blog da biblioteca).
- A. Tomine, "Alter ego", en "Rubia de verano", album editado por La Cúpula. (Podes atopalo na biblioteca do instituto, e ler información sobre el no blog da biblioteca).
- A. Tomine, "Dylan & Donovan", en "Sonámbulo y otras historias", Ediciones La Cúpula. (Pese ao título, a historia non é dos famosos intérp

- D. Clowes, "Ghost World. Mundo fantasmal", Ed. La Cúpula. (Na biblioteca. Información no blog da mesma. Hai versión cinematográfica, con esenciais cambios).



No hay comentarios:
Publicar un comentario