martes, 27 de mayo de 2008

Once, para Jane


A abundancia de diálogos que fai posible o ritmo e axilidade desta obra é un dos seus atractivos. Pero dos case trinta capítulos hai tres nos que o diálogo está ausente: o último, dunha soa folla; o XVIII, que inclúe sen embargo unha frase entrecomiñada dita por un personaxe (páx. 148); e o que nos ocupa, o undécimo, sen gota de diálogo por parte algunha.
Non é un capítulo dedicado a Jane Gallagher. É "o capítulo" dedicado a ela, da que tantas veces fala, pero case sempre brevemente, de pasada. Aquí Holden parece tomar asento. Jane é, xunto a súa irmá Phoebe, a rapaza mellor parada no libro. É a única persoa allea á súa famlia á que lle fala de Allie, e ela é receptiva. Xogan a miúdo ás damas, e recorda o costume que ten ela de deixalas sempre atrás, actitude máis ben propia dunha nena. Jane e Holden non chegan a ter contacto físico máis alá de collerse a man. Pero conta como a presenza do padrasto dela fai, pese a aparente impasibilidade da moza, que ésta chore... sobre o taboleiro. Xusto sobre o taboleiro. Un padrasto de dubidosa honestidade e moi dado a andar pola casa nu (cap. IV). Dinos Holden que ésa foi a única vez que estiveran a piques de chegar a algo máis que collerse a man. El, que non daba conseguido atopar á rapaza adecuada coa que sentirse realmente ben -ou iso repite varias veces, polo menos-.
¿Non é certo que chama a atención a concentración de tantos tópicos desta novela nun só capítulo?: Allie, xogos propios de nenos, a ameaza do adulto de escuros desexos, chorar sobre o taboleiro de xogo... Todo iso no capítulo carente de diálogo por antonomasia -o XXVI só é unha páxina, e o XVIII leva alomenos unha intervención- nunha obra na que éste tanto resalta. O propio autor parece, pois, destacalo e marcalo.
Ou talvez non sexa así...
Tempo de "comentarios", se che parece...

4 comentarios:

Anónimo dijo...

VALORACIÓN DO CLUB DE LECTURA


A razón pola que decidín apuntarme ó club de lectura foi máis que nada porque nunca participara en algo semellante e a idea pareceume de moito interese.
Leer con outras persoas e reunirse para comentar ideas e opinións amplía enormemente a interpretación da lectura e polo tanto tamén a súa consideración.
Canto máis detalles e aspectos entendemos máis capacidade temos de darnos conta da calidade.

Sobre os libros escollidos, decididamente máis que acertados. Autores ben coñecidos e de personalidades sumamente interesantes, cousa que se contaxia na súa obra.
Un par de historias sen dúbida recomendables, por non dicir indispensables.

As nosas reunións tiñan lugar xeralmente un día á semana, nas horas do recreo. Creo que foi unha boa idea facelo así, xa que era moito máis fácil que todos puidéramos asistir.
O número delas, creo que bastante indefinido dende o comezo. Reunímonos as veces que se consideraron necesarias para poder avanzar na lectura e sen olvidarnos do comentado anteriormente.

Ademáis de falar dos libros, aínda que sempre con relación a eles, comentamos películas e material que o profesor traía e que axudaban a ampliar coñecementos sobre os autores, as súas trayectorias...; detalles que posibilitaban unha mellor interpretación do que estes poderían querer transmitir.
Películas básicamente con relación á obra de Golding, cuia temática principal (como se comentaba en outras entradas do blog) é bastante popular. Como era de esperar, moito mellor o libro. Bastante complicado reducir unha historia con tantos matices a dúas horas.
De Salinguer, que non permitía levar a súa ao cine, escoitamos unha canción popular á que se facía referencia no libro e que eu considerei bastante significativa (dalle o seu título á obra, sen ir máis lexos).Tamén lemos outro conto do mesmo autor, “El hombre que ríe” de su libro "Nueve cuentos", o cal me gustou bastante, xa que aprecio o estilo de Salinguer, que se pon esta vez na mente dun neno máis pequeno que Holding pero que comparte con el unha personalidade curiosa e reflexiva. Conto con ler nalgunha ocasión o resto dos contos.

En conclusión, me alegro moito de haber participado, sobretodo porque estou segura de que se houbese lido pola miña conta estes libros houbese perdido demasiados aspectos e detalles, que son os que realmente dan a estas historias o seu gran valor.

Anónimo dijo...

Respecto ós libros, os dous parecéronme moi bos.
Quizais gustoume máis o de Salinger, máis rápido de ler, polos diálogos, supoño, e máis cercano dun modo ou outro, pois o protagonista é un adolescente con "problemas" que máis ou menos pode entender e poñerme no seu lugar. Aínda así "El señor de las moscas" tamén pareceume moi interesante.
Gustoume bastante o de buscarlle sentido ós símbolos e psicoanalizar ós personaxes.
Fun ás reunións coa idea de que ían ser aburridísimas, só somos tres rapazas, pero resultou que os recreos non chegaban.
As fotocopias repartidas axudáronme bastante na comprensión, sobre todo un esquema que se centraba nos detalles de "O vixía no centeo".
Penso que para o próximo "club de lectura" estaría ben ler algún cómic ou algo parecido.
Despois de todo isto, eu aínda teño unha pregunta: ¿A onde marchan os patos cando xea en Central Park?

Anónimo dijo...

Os libros escollidos para o club de lectura gustáronme moito, parecéronme unha elección moi acertada. Persoalmente gustoume máis "El Señor de las Moscas", unha historia moi simbólica á que se lle poden dar moitos sentidos e interpretacións á vez que te emociona coas historias dos rapaces perdidos na illa e todo o que lles acontece. Pola outra banda, "O vixía no centeo", a pesar de que non me desgustou, tampouco me logrou convencer, non como ós demais membros do club ós que lles encantou. Creo que é un libro bastante especial, e aínda que pareza unha historia sinxela, detrás esconde moitos enigmas e cousas que levan a cada lector a interpretalo dunha maneira diferente, pero a diferencia do anterior libro, éste pareceume máis subxectivo e persoal. Non obstante recomendaría a lectura de ámbolos dous xa que aprendín moito.
En canto ás reunións, foi unha experiencia interesante, o feito de comparar opinións e ideas a cerca das lecturas que facíamos. Expoñendo as nosas opinións e axudándonos mutuamente a comprender e analizar o contido dos libros, chegando a ver cousas que se les sola non chegas a analizar. Así entre todos lográbamos ter maior motivación para ler esperando as próximas reunións.
Durante as reunións o profesor entregounos fotocopias que nos proporcionaban información a cerca de temas relacionados coas lecturas e os autores. Este material tamén o comentamos e o comparamos cos libros, material de todo tipo, incluídos poemas, que puidemos relacionar co título do segundo libro, por exemplo, e formular hipóteses da relación entre o título do libro ("O vixía no centeo") co contido do libro.
En canto ó blog, paréceme unha boa idea, poder deixar plasmadas na rede as conclusións que sacamos a partir das reunións do club, e é algo que queda para sempre e máis adiante podes mirar e reler o que se comentou.
En conclusión, foi unha experiencia productiva, divertinme comparando cos meus compañeiros as nosas impresións nos temas tratados nos libros e é unha motivación para a lectura e para expresar as nosas opinións.
(K.V.)

Biblioafonso dijo...

Moitas gracias polas vosas valoracións, tan cheas de flores, por outro lado (¿non hai nada que sinalar como "mellorable", para dicilo finamente?). En calquera caso, gracias, sobre todo porque o club "é o que é" -presente de indicativo: penso que aínda segue vivo, e hai un montón de entradas esperando os vosos comentarios, e haberá máis entradas; o que escribamos na rede, incluso en Agosto, tamén forma parte deste club-, porque o club "é o que é",
dicíamos,porque construímolo entre todos, coas nosas lecturas, interpretacións, diálogos, reunións e blogs. Non me enrollo máis e concreto:
Respecto á primeira valoración, anónima, sinalar que o conto "El hombre que ríe" probablemente contará coa súa propia entrada en breve, e aí será posible incluir as vosas interpretacións, etc. Digamos polo momento que hai unha obra do romántico Victor Hugo que se chama tamén así. E digamos tamén que o primeiro parágrafo recorda moitísimo a "O vixía...":nenos, Central Park, base-ball, os dous museos... A obra "Nove contos" é posiblemente a máis recomendable de Salinger despois de "O vixía...". É moi famoso o primeiro do libro, "Un día perfecto para o peixe plátano", moi hemingwayano, xogando con dúas historias, como en "El hombre...", por certo.
Respecto á segunda valoración, tamén anónima, certamente é interesante buscarlle sentido aos símbolos da obra, como ti dis, pero un preferiría falar máis ben de buscar sentidos, en plural, por razóns que xa discutimos nas reunións, ¿non? Sobre o esquema visto na lectura de "O vixía...", se foi útil, tanto mellor, pero tratábase de non insistir demasiado nel para dirixir o menos posible a interpretación da obra desde fóra; creo que era de máis interese comezar polas vosas visións, das cales aprendimos todos moito, penso. Sobre a posibilidade de facer un club de lectura sobre un cómic, a verdade é que xa pensara niso, pero aínda hai moitos prexuízos neste país e non sabe un se sería posible. E, para rematar, sobre a pregunta dos patos, moito me temo que sabes de sobra onde está a resposta, se é que se pode chamar así, pero non cometeremos o erro de escribilo negro sobre branco, xa que tampouco quixo facelo o propio Salinger, e as súas razóns tiña, ¿ou? (Gustoume moito ese final da túa valoración, todo hai que dicilo. Certamente: o libro aínda esconde un montón de cousas).
E chegamos a Ka Uve, sempre tan crítica con Salinger. Pode ser, sen embargo, que co paso dos anos valores máis a novela deste autor. Ou talvez non (hoxe un síntese diplomático). Certo, como dis, que a obra préstase a múltiples interpretacións -de aí a vontade de evitar un excesivo dirixismo con esquemas, etc.-, mais espero que esteas de acordo en que iso non significa tampouco que calquera interpretación vale como calquera outra, e niso estamos. Alegra saber a túa opinión sobre os blogs, porque sen dúbida iso significa que no futuro inmediato veremos os teus comentarios aparecer como fungos por cada esquina destes blogs.
Ás tres: hai unha entrada dedicada a película "Lord of the Flies", e haberá outra dedicada a "El hombre que ríe". Estes blogs non pechan nin de noite, nin no verán... Espero/esperamos as vosas opinións e interpretacións. Gracias outra vez e un saúdo.