No ano 1963, o escritor británico
John Fowles publica a novela "O coleccionista" -hai versión cinematográfica, e moi premiada, do director
W. Wyler, protagonizada por Terence Stamp e Samantha Eggar, e coa colaboración do propio Fowles no guión-. Tanto a novela como o film contan a historia de Frederick e Miranda: o primeiro secuestra á segunda, que será ademais víctima do síndrome de Estocolmo. Nun momento determinado M. propónlle a F. que lea libros que non sexan os simples pasatempos cos que el trata de evadirse. F. acepta, e colle a novela que M. lle ofrece, que non é outra que "O vixía no centeo". Algo despois M. escribirá no seu diario a escea de cando el trae de volta a obra de Salinger. A admiración de Fowles por esa novela vese con claridade nas palabras de M., pero F. -"C" no diario de M.- ten algo máis que dicir:
"(...) Me devolvió `El guardián entre el centeno´ diciendo: Ya lo he leído. Enseguida supe por su tono que lo que quería decir era: `y no me parece gran cosa´.
Estoy despejada. Escribiré un diálogo:
M. ¿Y bien?
C. No le veo la gracia.
M. ¿Te das cuenta de que es uno de los estudios de la adolescencia más brillantes que se han escrito jamás?
C. A mí me parece muy confuso.
M. Por supuesto que está confuso. Pero se da cuenta de su confusión, intenta expresar lo que siente, es un ser humano a pesar de sus defectos. ¿Nunca te da pena de él?
C. No me gusta cómo habla.
M. A mí tampoco me gusta cómo hablas tú. Pero no te trato como si no estuvieras a la altura de merecer compasión o de que se te preste atención seriamente.
C. Supongo que es muy inteligente. Escribir así y demás.
M. Te dije que leyeras el libro porque pensé que te identificarías con él. Tú eres un Holden Caulfield. No está integrado en ninguna parte y tú tampoco.
C. No me extraña, de la manera que se comporta. No hace nada por integrarse.
M. Intenta que su vida adquiera no sé bien qué tipo de realidad y de dignidad.
C. No es realista. Yendo a un colegio elegante y teniendo padres con dinero. No se comportaría así. En mi opinión.
M. Ya sé quién eres tú. Eres el Viejo del mar.
C. ¿Quién es ése?
M. El viejo horrible que Simbad tenía que llevar a la espalda. Eso es lo que tú eres. Te subes a la espalda de todo lo vital, todo lo que intenta ser honesto y libre hasta agotarlo."
(J. Fowles, "El coleccionista", Cátedra, 1999; páxinas 299 e 300. Edición, introducción e traducción de Susana Ortega).
En fin, a verdade é que as palabras de Frederick -ou sexa, C.- recordan algo a aquelas declaracións do cantante de rap español
Frank T cando dicía que os pseudoproblemas de Holden Caulfield son propios dun neno "pijo", que era unha maneira de dicir que non eran auténticos problemas. Disto xa falamos nunha das reunións do noso club, e non estabamos todos de acordo sobre iso. Talvez agora poidamos retomar aquela conversación, enriquecida polo fragmento da novela de Fowles...
Tamén é certo que Miranda non se queda calada, e a súa visión non carece de interese, e que o ela di foi dalgunha maneira xa tratado nunha ou varias das nosas reunións, incluída a da polémica creada por Frank T.
Rematamos esta entrada cunha nota a pé de páxina que Susana Ortega escribe na súa introducción á novela de Fowles na edición citada:
"El protagonista de `The Catcher in the Rye´ (1951) , de J. D. Salinger. La novela narra la historia de un adolescente, Holden Caulfield, quien, tras escaparse de un internado en Pensilvania, logra llegar a Nueva York y mantener su inocencia a pesar de las pruebas a que es sometido, aferrándose a recuerdos famliares, y sobre todo, al afecto que siente por su hermana Phoebe."
Breve síntese ésta coa que talvez non esteas de acordo. Ou si. Ou a medias... Ti dirás...